Aproveito para felicitarvos as festas, esperando que o novo ano veña cargadiño de todo aquilo que desexedes e coidado!! As veces os soños fanse realidade... Moitos bicos agarimosos da curuxa Maruxa.
venres, 19 de decembro de 2014
Unha visita especial
Hoxe tivemos unhs visita superrr!! Un axudante de papa noel viu visitarnos... Traíanos uns agasallos para compartir con nós, fíxonos moita ilusión a súa visita 😃
Aproveito para felicitarvos as festas, esperando que o novo ano veña cargadiño de todo aquilo que desexedes e coidado!! As veces os soños fanse realidade... Moitos bicos agarimosos da curuxa Maruxa.
Aproveito para felicitarvos as festas, esperando que o novo ano veña cargadiño de todo aquilo que desexedes e coidado!! As veces os soños fanse realidade... Moitos bicos agarimosos da curuxa Maruxa.
luns, 15 de decembro de 2014
O santo de Lucía
Lucía tiña moitas ganas de compartir un pastel cos seus compis, por iso aproveitou que era o se santo para facelo. Comemos un delicioso biscoito que fixo coa súa nai. Estaba incriblemente delicioso!! Esperamos que pasases un gran día!! Merécelo!!
NOELA
A nosa amiga Noela xa cumpliu catro, era a única que quedaba por facelo :)
O seu aniversario xa foi o 5 de decembro, pero a profe co fin de curso anda a cien por hora pufff! Como somos tod@s tan festexeir@s, pasámolo fenomenal. Parabéns amiga!!
O seu aniversario xa foi o 5 de decembro, pero a profe co fin de curso anda a cien por hora pufff! Como somos tod@s tan festexeir@s, pasámolo fenomenal. Parabéns amiga!!
luns, 1 de decembro de 2014
Parabéns Manuel!!
Hoxe Manuel cumpriu catro anos... Como crecen estes pequenos!! Aínda parece q foi onte cando a súa irmá Claudia o presentou na clase con só unhas semanas... E agora é todo un experto en cadenas, cordas, máquinas e todo o que se poida desmontar jijij... Moitas felicidades compi!!
martes, 25 de novembro de 2014
Arturo e Clementina...
Hoxe tratamos un pouquiño de traballar a igualdade entre homes e mulleres, pois celebramos o dia contra a violencia de xénero. Nos aínda somos un pouco pequen@ss para comprender algunhas cousas que suceden cada día no mundo, pero podemos darlle sentido a través dos contos, por iso hoxe traballamos co conto "Arturo e Clementina". Falamos e reflexionamos dalgúns comportamentos que vimos no conto, e entendemos prefectamente que o que facía Arturo a Clementina non nos gustaba. Despois coloreamos á tartaruga Clementina e falamos sobre o mural que a profe pintaba, que representaba e a importancia de dar abrazos e non tortazos. Traballando a igualdade entre mulleres e homes aprendemos a poñernos no lugar dos demáis, tan importante para crecer por dentro.
Deixámosvos o video do conto e de como traballamos neste día.
Deixámosvos o video do conto e de como traballamos neste día.
venres, 21 de novembro de 2014
Iván cumpriu 4!!
E outra vez de celebración!! Co pouco que nos gusta a festa jiji!! Hoxe axudamos a soprar a Ivanchu, como cariñosamente lle chamamos ao noso amigo, e compartiu con nos unha deliciosa tarta de chocolate!! Ummm... Esperamos que disfrutes do teu día, biquiños...
xoves, 20 de novembro de 2014
Teatro das laranxas máis laranxas...
Seis actores e actrices músicos, unha banda que improvisa jazz, música tradicional e moitas, moitas risas!! Iso foi o que vivimos hoxe na saída ao teatro, da man do Centro Dramático Galego, coa obra "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas"
Non pestanexamos en toda a obra e aplaudimos moito, moito.
Non pestanexamos en toda a obra e aplaudimos moito, moito.
Hoxe ben seguro que naceu un pouquiño de amor ao teatro. Deixámosvos un anaquiño deste estupendo día!!
xoves, 13 de novembro de 2014
ÍKER xa ten 4!!!
E seguimos celebrando os aniversarios dos compis!! Hoxe cumpriu Íker, que viña preparadísimo para a festa ( como sempre jijij) Compartiu un biscoito que cociñou coa súa nai; era moi esponxoso e sabía laranxa ummmmm... Moitas felicidades amiguiño!!
luns, 3 de novembro de 2014
Celia cumpriu 4!!
Como pasa o tempo!! Celia cumpriu catro aniños e celebrámolo tod@s xunt@s cun delicioso brownie que fixo a súa nai María. Estaba tan rico e sabía tantísimo a chocolate, que nos chupamos os dedos!! Agardamos que pasases un día fantástico. Parabéns amiga!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)