xoves, 8 de maio de 2014

Area!

O noso areeiro, andaba un pouco escaso de area, ademáis como todos e todas temos gañas de atopar un tesouro, temos todo cheíño de buratos :)
Hoxe trouxéronnos dous camións de area enoooormes!!
Como mellor aprendemos e observando a realidade, e se nos metemos de cheo nela moito mellor, decidimos aproveitar esta ocasión.
Mirade o que afianzamos nesta actividade improvisada:
O camión tiña rodas círculo, ía para diante e para atras, eran tres traballadores,co mono azul, caldeiros e carretillos cheos e baleiros, aprender a respectar a quenda, traballar en grupo e colaborar no enchido dos caldeiros e carretillos; e o moito que nos rimos, o mellor :)
Deixámosvos unhas fotiños para que vexades que ben o pasamos, ademáis de sentirmos que tamén podemos axudar e ser utéis ;)







Ningún comentario:

Publicar un comentario