venres, 20 de xuño de 2014

Vacacións!!

Hoxe chegaron as vacacións!! A verdade xa estabamos un pouquiño cans@s e xa non había forma de acougar e traballar e xogar tranquil@s. A profe xa andaba toliña, pero recoñece que foi un curso reconfortante, despois dun primeiro trimestre duro, agora dase conta que o esforzo mereceu a pena, e que aqueles 20 nenos e nenas que chegaron e se fartaron de chorar, agora son uns nenos e nenas máis madur@s, independentes e con moitísimas ganas de aprender. Por todo isto, os 22, merecemos pasar un bo verán :) e coller moitas forzas para empezar en setembro a tope mogollón!!
Moitos biquiños a todos e todas e felices vacacións!!
A CURUXA MARUXA



Ningún comentario:

Publicar un comentario