martes, 30 de setembro de 2014

Laia xa ten 4!!

E para rematar setembro que mellor maneira de facelo que con un cumple!! A nosa amiguiña Laia cumpliu catro anos e compartiu con todos nós unha deliciosa torta de galleta de canela, con crema e chocolatemque preparou Diana, a súa mamá😋
 Como diría a nosa amiga Dora: Delicius!! Ñan, ñan, ñan!! Esperamos que tiveses un día xenial!! Parabéns!!

xoves, 25 de setembro de 2014

Outra vez area!!

Onte volveron traernos area para o noso areeiro, dous camións cargadiños a tope de area de verdade!! E claro fomos botar unha man porque rechíflanos a area e tamén axudar :)
Traballamos arreo e o noso areeiro quedou peneiradiño e listo para os nosos xogos.


martes, 23 de setembro de 2014

Iker xa ten 4!!

Hoxe Iker celebrou connosco o seu cumple. Trouxo unha rosca riquísima que compartiu con tod@s, mesmo repetimos!! Felicidades compi!!
                          

luns, 22 de setembro de 2014

Benvido outono!!



Esta noite mentres durmiamos, chegou o outono, cargadiño de vento, choiva e humidade. Xa nos puxemos mans á obra e fomos observar o que nos rodea, o próximo, porque a través do coñecido é como mellor aprendemos. Observamos o ceo, as árbores do patio e recollemos as primeiras follas que o señor vento tirou. Despois na clase cheiramolas, tocámolas, vimos as súas cores...
Agora imos plasmar todo o que imos coñecendondesta frieira estación nun mural... Xa vos mostraremos o resultado!!







O can de Raquel



Fai unha semana Raquel presentounos a súa mascota Scoobi. Scoobi é un can ben simpático e xoguetón. Non se asustou nadiña cando nos acercabamos e o tocábamos. Raquel e a súa nai e o seu pai contaronnos como é Scoobi na casa e todos os coidados que ten que ter un cachorriño tan bulideiro coma el. Gustánnos estas visitas especiais ;)







Maxia!!

A semana pasada tivemos unha maña máxica... A tía da nosa compi Raquel e o seu tío son magos!! 
Lisa e Ian viven en Londres, pero onte aproveitando as súas vacacións viñeron facernos un espectáculo divertidísimo. Primeiro un teatro de sombras impresionante, quedamos abraiad@s co que facían coas mans!! Animais, persoas e tamén algún extraterrestre ;)
Despois chegaron os trucos, Ian que case non fala o noso idioma, gañou o noso corazón coa súa simpatía.
Agradecémoslle aos dous o bo rato que pasamos e todo o traballo que levaron facéndonos uns fermosos osiños e espadas con globos. GRAZAS!!

xoves, 11 de setembro de 2014

Xa de volta ao cole!!


Hoxe por fin volvemos atoparnos despois das vacacións! Algúns estaban nerviosos, outros durmidos e a maioría con gañas de traballar! Así da gusto!!
A partir de hoxe abrimos a xanela da aula para ver como o pasamos no cole...
Aquí vos deixo unhas fotiños do noso primeiro día!! Puxémonos morad@s de mazás da maceira do patio ummmmmm...