martes, 25 de novembro de 2014

Arturo e Clementina...

Hoxe tratamos un pouquiño de traballar a igualdade entre homes e mulleres, pois celebramos o dia contra a violencia de xénero. Nos aínda somos un pouco pequen@ss para comprender algunhas cousas que suceden cada día  no mundo, pero podemos darlle sentido a través dos contos, por iso hoxe traballamos co conto "Arturo e Clementina".  Falamos e reflexionamos dalgúns comportamentos que vimos no conto, e entendemos prefectamente que o que facía Arturo a Clementina non nos gustaba. Despois coloreamos á tartaruga Clementina e falamos sobre o mural que a profe pintaba, que representaba e a importancia de dar abrazos e non tortazos. Traballando a igualdade entre mulleres e homes aprendemos a poñernos no lugar dos demáis, tan importante para crecer por dentro.
Deixámosvos o video do conto e de como traballamos neste día.











Ningún comentario:

Publicar un comentario