luns, 9 de febreiro de 2015

Chocolate suizo!!

Hoxe tivemos tamén un momento moi, moi doce... O noso compi íker foi a Suiza a visitar ao seu tío Fran, e alí lembrouse de nós... O primeiro que nos quixo traer foi un trailer cheo de neve, porque alí hai moita, moita, máis que na Cañiza como dixo algún compi ( jijijijij), pero claro, iso do trailer non era posible, entón trouxo algo que a tod@s nos chifla CHOCOLATE!! auténtico chocolate suizo para compartir con tod@s nós. Grazas compi!!






Entroido, día 1...

Hoxe, para non enoxar á Meca Manola, tivemos que vir todos e todas ben disfrazad@s. A verdade pasamos unha mañá moi divertida cheiña de momentos moi festexeiros. Deixámosvos unha foto de grupo para que vexades o  guapisim@s que estabamos... Mañá máis!!

mércores, 4 de febreiro de 2015

Mellórate amiguiña!!

A nosa amiguiña Paula non ven a clase estes días... O motivo é q a operaron dos oídos e ten que recuperarse na casa ata que se poña ben, a curuxa Maruxa está coidándoa como sempre fai cando algún neno ou nena da clase vai ao hospital. Mandámoslle milleiros de biquiños curativos e xa estamos desexando volver oir o teu riso contaxioso!! Recupérate compi e coida de Maruxa!!


Proxecto Picasso

Aqui vos deixamos o proceso de todo o q traballamos sobre Picasso. Pasámolo pipa e aprendemos un montón!!