mércores, 13 de maio de 2015

Sharay xa ten 5!!

Sharay xa ten 5 anos e celebrámolo a tope!! Levamos unha semana ben festeira!! Como nos gusta a troula e o biscoito!!  Grazas amiga por a supercelebración!! 

martes, 12 de maio de 2015

Correlingua 2015

Hoxe  celebramos o noso segundo Correlingua. A semana pasada xa nos preparamos para o evento quitando fotos con palabras que eliximos en galego, palabras que nos gustaban, que nos soaban ben... porque o galego mola, é noso e temos que coidalo como un gran tesouro.
Esta mañá puxemos rumbo a Tomiño donde se celebraba a festa do galego... Bailamos ao son do grupo "Sacha na horta" que nos animou coas súas divertidas cancións, pasámolo fenomenal!















domingo, 10 de maio de 2015

Lorena e Raquel

Como se dúas xemelgas se tratase, as nosas amigüiñas Raquel e Lorena sopraron as candeas xuntiñas. Compartiron connosco unhas deliciosas tortas de amorodos riquisímassss... Parabéns  mozas!! Seguro que foi un cumple dobremente divertido!! 

martes, 5 de maio de 2015

Breixo xa ten 5!!

O noso compi Breixo xa ten 5 anos!! E como nos gusta tanto comer, demos conta dunha deliciosa coca con un rico sabor a canela...Ummmm!! E iso que xa comeramos madalenas!! Esperamos que pasases un día a xenial!! Parabéns amigo!!